Luns. 03.08.2020
El tiempo

Trimar Cerramientos Martínez, primeira empresa que se instala no polígono de Muros polo réxime de Dereito de superficie

Bea Sestayo, de SEA, e Jose Antonio Martinez de Trimar Cerramientos Martinez
Bea Sestayo, de SEA, e Jose Antonio Martinez de Trimar Cerramientos Martinez
Trimar Cerramientos Martínez, primeira empresa que se instala no polígono de Muros polo réxime de Dereito de superficie

Sempre é unha boa nova a incorporación dunha nova empresa a un polígono empresarial da Costa da Morte. Onte tiña lugar a sinatura entre a Xerente de Suelo Empresarial dl Atlántic, Beatriz Sestayo, e José Antonio Martínez, responsable da Trimar Cerramientos Martínez, para a súa instalación nunha parcela de 977 metros cadrados (a M4-12).

Trimar ten previsto iniciar a construción da súa nova nave ao longo do próximo ano. Terá unhas dimensións aproximadas de 670 metros cadrados e servirá tanto para a venda de carpintería metálica, cristalería e materiais de PVC como para a súa fabricación, tanto para uso doméstico como empresarial. Con esta nova nave tamén prevé ampliar a súa actual produción.

Dereito de superficie

É ademais a primeira operación no polígono de Muros baixo o réxime de Dereito de Superficie, unha das apostas máis firmes por parte de SEA para favorecer o impulso dos polígonos (tamén ofertado en Cee e Buño, e proximamente en Vimianzo) e facilitar o inicio de actividade dos emprendedores.

Con este sistema a empresa abonará o primeiro e o segundo ano unha cantidade de 1.172 euros, e coa que poderá facerse en propiedade, no caso de estar interesado, ata o quinto ano .
En cifras, para esta parcela de 977 metros cadrados o canon fixado é de tan só 1.172,57 euros ao ano, o primeiro e segundo ano (97 euros ao mes), e de 1.954,28 euros o terceiro e cuarto ano. A partir de aí, a cantidade sería de 2.375,99 euros anuais (menos de 200 euros mensuales) ata alcanzar os 30 anos máximos de vixencia deste dereito.

Polígono de Muros

Poligono Muros 2020 copia

O polígono industrial de Muros suma unha superficie bruta de 196.207 metros cadrados e neta de 92.124 metros cadrados.

Na actualidade están vendidas parcelas a a Almacenes Castillo, Almacenes Esteiro, Carmax, Cárnicas Hermanos Pena, Disribución Eleuterio Balayo, Gallega de Perfilados, Montelouro Pro Conservi, Nafonso Investimen, Ricardo Romaní, Tanatorio Pombo, Daniel Rama (gasolinera), Muebles Queimado e Talleres J. Mayo.

comentarios