Vernes. 19.04.2019
El tiempo

Unha manga marina devasta unha zona arborada de Louro

Unha manga marina devasta unha zona arborada de Louro
https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/450657278796296/?t=1 Consecuencias dunha manga marina en Louro-Foto-Manuel Maria Candamo Consecuencias dunha manga marina en Louro-Foto-Manuel Maria Candamo

Pasado o mediodía deste xoves 8 de novembro un tornado arrasou Louro, Muros. Foi exactamente unha manga mariña, como nos confirman dende Meteogalicia analizando os datos do radar e vendo as consecuencias do seu paso. A manga entrou dende a praia do Ancoradoiro, no lugar de Xalfas, cara o interior, arrasando con todas as árbores (a meirande parte piñeiros) e postes da luz que atopou ao seu paso ata a estrada principal, uns 500 metros.

Non deberon ser máis de 4-5 minutos, pois debeu xusto baixar ao tocar terra, polo foron minutos dun poder devastador brutal, pero de corta duración pois pronto se vai desfacendo a estrutura da manga, segundo nos explican dende Meteogalicia.

Así o confirman as imaxes que nos manda Manuel María Candamo dende o lugar.

 

Protección Civil e GES de Muros xa estiveron traballando na recuperación da zona, e persoal da compañía eléctrica xa está avisado para proceder a recuperar os postes da luz caídos, que supoñen un risco para a zona. O paso da manga tamén se notou no camping do Ancoradoiro, onde levou o tellado dos apartamentos, e no polígono de Muros, pois levou o tellado dunha nave.

  Consecuencias dunha manga marina en Louro-Foto-Manuel Maria Candamo 2 Consecuencias dunha manga marina en Louro-Foto-Manuel Maria Candamo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-manga-marina-sorprende-a-vecinanza-de-muxia/

Novas relacionadas

Comentarios