Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Os usuarios de Adisbismur disfrutan do Camiño a Santiago pola ría de Muros

Adisbismur facendo o Camino de Muros
Os usuarios de Adisbismur disfrutan do Camiño a Santiago pola ría de Muros

Non paran os usuarios de Adisbismur. A última aventura chámase Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia. Partiron o pasado mércores, coa foto de saída na praza do Concello, xunto o párroco muradán Daniel Pérez Espasandín, que fixo entrega das credenciais para ir cuñando polas metas volantes e que lles permitirán acadar a Compostelana que os acreditara como autenticos peregrinos.

A totalidade de usuarios/as do centro ocupacional andiveron uns 3 km onde proseguiron camiño 13 usuarios con boa mobilidade e 3 monitores. Fixeron un tramo duns 10 km, que se irán retomando no sitio de remate de cada tramo. O xoves tocou a segunda ruta, ca chegada á igrexa de San Orente.

Adisbismur facendo o Camino de Muros 3Adisbismur facendo o Camino de Muros 2

Comentarios