Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Os veciños de Abelleira presentan alegacións contra a ampliación da depuradora de marisco

Vista aérea da depuradora de marisco de Punta Abelleira
Vista aérea da depuradora de marisco de Punta Abelleira
Os veciños de Abelleira presentan alegacións contra a ampliación da depuradora de marisco
Os veciños de Abelleira presentan alegacións contra a ampliación da depuradora de marisco

A polémica xurdida pola ampliación da depuradora de marisco de Punta Abelleira parece que vai continuar unha temporada.

Representantes da Asociación Ostreira veñen de presentar alegacións ao proxecto, e aseguran que foron unha gran cantidade de veciños tamén presentaron nos rexistros de Muros, Carnota e Outes máis de 50 escritos en contra do proxecto, segundo manifestou Manolo Rodríguez, portavoz veciñal.

Xuntanza

O mércores pola tarde, a alcaldesa de Muros convocou os veciños de Abelleira a unha reunión á que asistiron tamén o enxeñeiro que elaborou o proxecto encargado pola empresa, así como representantes da confraría. A Asociación de Veciños A Ostreira escoitou as explicacións, pero saíu da xuntanza con dúbidas por aclarar e sen a posibilidade de achegar posturas.

O enxeñeiro contratado por Mariscos Antón argumentou que tanto o dragado e as escavacións coma o caudal de captación e vertedura de auga serán menores ao establecido. E insistiu en que o proxecto non vai influír tampouco nas correntes. Ademáis, alegou que o peirao será moi pouco operativo e que recibirá un único barco bateeiro cada día para descargar, permitindo que algunha das embarcacións dos veciños poidan atracar.

Pola parte que lle corresponde ao Concello, a alcaldesa só manifestou a súa intención de presentar unha alegación pola falta de informe de impacto ambiental.

Novas relacionadas

Comentarios