sábado. 21.06.2025
El tiempo

O San Pedro, o Orgullo de Muros

Presentacion festas de San Pedro de Muros 2
O San Pedro, o Orgullo de Muros

O Concello de Muros presentou hoxe a programación das súas Festas de San Pedro, que se celebrarán os días 28, 29 e 30 de xuño.
Participaron na presentación do programa das festas a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Festexos, Laura Rivadeneira, e a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.

“Unhas festas moi especiais para Muros, nas que como o ano pasado mantemos as tradicións e amosamos que somos un concello aberto, respectuoso e plural”, asegura a alcaldesa, María Lago, que convida ás festas a toda a veciñanza e os visitantes.

Como o ano pasado, Muros celebra o sábado 28 de xuño a Festa do Orgullo, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBT. Haberá a ‘Festa das Cores’ e outras actividades de lecer, como obradoiros de camisetas, chapas e sacas, antes de dar paso á Orquestra Escaparate e Disco Móbil Impacto. “Unha xornada festiva para celebrar o Orgullo e concienciar sobre o respecto e a pluralidade”, explica a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.

O domingo 29 haberá procesión e misa cantada pola coral Don Diego de Muros, fogos de artificio e as orquestras Olympus e Acordes. Laura Rivadeneira lembra ademais que “repetimos a sesión vermú do domingo, unha das novidades do ano pasado”. 

O luns, como fin de festa, concerto con Caamaño&Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e o baile de raíz cunha gran traxectoria nacional e internacional; Boyanka Kostova, pioneiros do trap galego; Xián Pais, de Louro, e Meu Cariño, de Campo de Cortes.

Festas de San Pedro Muros  2025
O cartel deste ano é de Uxía Saborido, deseñadora gráfica de Esteiro. 

Comentarios