As Gaiolas de Salmón de Muros: Historia do abandono

As gaiolas de salmón da ría de Muros completamente abandonadas

Chegaban aló por 2011, nocturnidade e alevosía para sacar de pobres a un sector do mar da ría de Muros e Noia que xa amosara o seu rotundo rexeitamento. Non lle fixo caso a Xunta ás críticas da pesca artesanal, e permitiu erguer media de xaulas de salmón en plena ría de Muros e Noia. Pero a cousa caeu polo seu propio peso.

Tralas mobilizacións iniciais, chegaron as denuncias (moito pelexou a agora descabezada Asoar Armega), as mortes, as especies invasoras, e os problemas económicos… ata o abandono.

En poucos anos a produción caeu, e a empresa foi á quebra, provocando o abandono total das xaulas dende hai máis de 5 anos.

Os colectivos do mar levan pedindo dende 2016 a eliminación completa das estruturas das xaulas, pero se atopan co continuo rexeitamento da Xunta e Capitanía Marítima, que consideran que non se pode facer nada ata que se resolva o concurso de acreedores da empresa promotora.

Perigo

A día de hoxe, ademais de ser perxudicial para a fauna e a biodiversidade, é un perigo para os barcos. Nas inmediacións do polígono os barcos están tendo problemas polo desprendemento dos cabos de suxección das xaulas.

O último suceso acontecía en 2019, cando un mergullador tiña que ser rescatado tras sufrir un accidente cando limpaba as xaulas.

Histórico das Xaulas de Salmón