Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Fiscalía confirma as denuncias pola morte dos salmóns nas gaiolas de Muros

A Fiscalía confirma as denuncias pola morte dos salmóns nas gaiolas de Muros

Volve a polémica dos salmóns de Muros á actualidade. A Fiscalía de Medio Ambiente vén de informar dos resultados das súas pescudas, que confirman as denuncias de varios colectivos pesqueiros e medioambientalistas, das elevadas mortalidades que implica o cultivo de salmón atlántico nas rías galegas. De feito a mortalidade rexistrada na ría de Muros-Noia é aínda superior aos datos da ría de Arousa estimados e denunciados nos informes da Asoar-Armega.

Graves datos de mortandade

As dilixencias da Fiscalía aclaran que, segundo os propios datos remitidos pola propia Consellería do Mar, a mortalidade calibrada no viveiro de Muros, acada a cifra do 81% dos exemplares en cautividade, moito por riba do 58,8% que adiantaban os colectivos na súa denuncia, basada esta última cifra en estimacións indirectas da experiencia na ría de Arousa (número de alevíns comprados e Tm de salmóns vendidos), pois a empresa sempre se negou a dar estos datos e expresou a súa satisfacción polas máis de 100 TM vendidas nesta primeira experiencia (dato que tampouco deben ser verdade á vista da estatísticas oficiais da Conselleria do Mar).
A empresa North West, mesmo chegou a calificar de éxito esta primeira experiencia en Arousa e que na nova zona elixida en Muros o cultivo sería moito mellor. Sen embargo, a realidade dos límites biolóxicos do salmón atlántico (refrendada pola experiencia de numerosos expertos) se ten imposto, e de nada ten servido esa continua política de ocultación e propaganda e de desacreditar e incluso criminalizar os argumentos dos opositores a este cultivo.

E é de resaltar, que estes resultados están referidos a cultivo de salmón atlántico en condicións moito máis favorables : con poucos alevíns, baixa carga e tan só dúas gaiolas pequenas: que o cultivo industrial masivo de 20 gaiolas xigantes e máis de 10.000Tm que a empresa pretende iniciar na zona de Muros. "Alguén dubida do problema medioambiental orixinado co 81% de mortalidade(que en condicións industriais vai ser maior) nos 3.000.000 de salmóns instalados nesas 20 Gaiolas xigantes na zona de Muros?. Como se pode continuar con este desatino e irracionalidade?", pregúntanse os colectivos asinantes.

Apoiada pola Xunta

Recordan que desde a Consellería negouse de maneira reiterada a alta mortalidade de salmóns, tratando de minimizala e de desacreditar a versión.

Campaña informativa

Dada a existencia dun foco infeccioso e o risco que pode supoñer para a biodiversidade da Ría e para os seus recursos a presencia de gaiolas de salmóns, desde os colectivos de oposición ás gaiolas de salmón na Ría de Muros-Noia inciciarán unha campaña informativa dirixida aos distintos organismos e colectivos que se poidan ver afectados: alcaldías, confrarías, asociacións veciñais e de sectores productivos implicados no tema (turístico, comercial, de lecer..etc), sindicatos, partidos políticos e cidadanía en xeral...

Outras novas

Novas da loita contra o salmón en Muros

Fonte

  • NOta de prensa de Asoar-armega, Verdegaia, Adega, Greenpeace, Salva la selva, Océana e Ecologistas en acción.

Comentarios