O BNG denuncia a caducidade da concesión das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia
Daniel Rodas, portavoz de pesca do BNG no parlamento, visitou a costa de Louro acompanado de Manu García e Irati García
Daniel Rodas -portavoz de pesca do BNG no Parlamento - visitou onte as ría de Muros e Noia onde criticou "a caducidade da concesión experimental para a instalación das gaiolas de salmón" situadas na costa de Louro. Rodas expuxo que "dita concesión ten unha vixencia máxima de tres anos", polo que unha vez vencidos, corresponde concluír a concesión. Segundo indicou o nacionalista, os compromisos de dita concesión, de producir entre 3.000 e 4.000 toneladas e a contratación de 109 empregos directos contratados nos concellos de Muros, Noia e Porto do Son, "quedaron en auga de borralla". Na sua rolda de prensa critiou tamén que a empresa concesionaria - “North West S.L.” -vendeu durante a vixencia da concesión ás gaiolas a unha terceira empresa, e despediu ao pouco persoal que contratara. Ante esta situación, dende o Bloque Nacionalista Galego entenden que se debe de dar por finalizada dita concesión e, en consecuencia, retirar as gaiolas da ría de Muros tal e como solicitaron en outras ocasións.
Saneamento
Daniel Rodas expuxo a necesidade de levar a cabo un plan de Protección da Ría de Muros e Noia que impida e inmersión de moluscos procedentes doutros sitios, que podan ocasionar a contaminación da ría coa bacteria “Martelia”, que está a provocar a mortandade de bivalvos nas outras rías. Asi mesmo, o portavoz sinalou a importancia de apostar por un plan de produción de semente autóctona. "Desde o BNG queremos saber cales foron as razóns polas que se ten pechado o “hachery” do Freixo, exiximos un saneamento planificado da conca do Tambre, e esiximos da Xunta de Galiza a obriga de contar cun protocolo de actuación na demarcación Galiza-Atlántico para que os aliviadoiros dos embalses se realicen coordinadamente con Mar, de xeito que non coincida coa marea baixa e ocasione a mortandade dos moluscos por unha caída brusca da salinidade" indicou Rodas durante a roda de prensa. Ademais recalcou que a promesa de conceder 300.000 euros para unha dragaxe de 1’5 metros "segue a ser o mesmo compromiso que nas eleccións municipais de 2015".
Gaiolas de salmón na ría de Muros. Imaxe de arquivo
Daniel Rodas aproveitou a ocasión para criticar ao goberno do PP por " non comprometerse durante estes sete anos co apoio á pesca artesanal". Para o nacionalista unha proba evidente foi o último orzamento "nde a Xunta de Galiza vinculou 18 millóns de euros á acuicultura intensiva, antes de aprobar o anteproxecto de lei de acuicultura, o que provocou a unidade de mobilización do sector do mar". Pola súa banda, Irati García - do BNG de Noia - destacou a preocupación do sector marisqueiro noiés co tema da dragaxe da ría, e lamentou que o executivo de Noia non atendera a moción presentada a este respecto. A portavoz municipal, aproveitou a rolda de prensa para poñer en coñecemento a actividade que o próximo domingo día 5 de xuño se levará a cabo no areal de Boa Grande, no concello de Noia, que consistirá na recollida de plásticos e demais lixo que trae o mar as nosas costas, e que se enmarca dentro das actividades do Día mundial do medio ambiente. O portavoz municipal en Muros, Manu García, mostrou a satisfacción pola apertura dun expediente de Costas aos titulares da Illa da Creba, despois de varios meses insistindo no pleno da corporación sobre este asunto. Ditos propietarios levaron a cabo presuntas obras ilegais na mencionada illa. Así mesmo, Manu García anunciou que o BNG promoverá actuacións que finalicen coa devolución do espazo da Illa da Creba ao seu lexítimo propietario, o Pobo de Muros. Tamén anunciou o portavoz municipal a presentación dun plan de dinamización do casco histórico da vila, despois de que durante o primeiro ano de goberno, non houbera avances significativos na posta en funcionamento dos locais baleiros da praza de Abastos, e no abandono constante de baixos comerciais.
Novas da loita contra o salmón en Muros
- O BNG pide a retirada das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia
- Asoar-Armega esixe que a Xunta retire as gaiolas de salmón da ría de Muros
- 19-05-14: AGE tamén esixe o peche definitivo das gaiolas de salmón na ría de Muros.
- 14-05-14: Alertan da reanudación e ampliación da actividade nas Gaiolas de Salmón na Ría Muros.
- 20-03-13: Denuncian o abandono das gaiolas de salmón tralo desprendimento dunha gran boia.
- 21-02-13: Denuncian que as gaiolas de salmón puideron traer un molusco invasor.
- 06-11-12: A EU investigará o caso das gaiolas de salmón da ría de Muros.
- 08-10-12: Denuncian que as gaiolas de salmón de Muros non están a ser produtivas.
- 13-07-12: A Fiscalía confirma as denuncias pola morte dos salmóns nas gaiolas de Muros.
- 09-05-12: Os Salmóns de Muros xa están denunciados formalmente en Bruxelas.
- 29-12-11: As gaiolas de salmón de Muros xa chegaron ao Parlamento Europeo.
- 01-12-11: As gaiolas de salmón de Muros tamén chegan ao Parlamento Europeo.
- 22-11-11: Pescadores e defensores do medio ambiente levan as gaiolas de salmón de Muros á Fiscalía.
- 18-11-11: BNG e PSOE cargan contra as gaiolas de salmón da ría de Muros.
- 17-10-11: A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- 03-10-11: Unha de salmóns mortos en Muros.
- 15-09-11: Denuncian que o contrato coa empresa das gaiolas de salmón de Muros está caducado.
- 05-09-11: Denuncian que a Xunta cede a súa embarcación para salvar os salmóns de Muros.
- 06-06-11: A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón.
- A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros.
- Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón.
- 25-03-11: Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- 17-03-11: Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.
- 15-03-11: O mar de Muros rexeita frontalmente as xaulas de salmón.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- BNG Muros-Noia.