As Gaiolas de Salmón de Muros: Historia do abandono
Chegaban aló por 2011, nocturnidade e alevosía para sacar de pobres a un sector do mar da ría de Muros e Noia que xa amosara o seu rotundo rexeitamento. Non lle fixo caso a Xunta ás críticas da pesca artesanal, e permitiu erguer media de xaulas de salmón en plena ría de Muros e Noia. Pero a cousa caeu polo seu propio peso.
Tralas mobilizacións iniciais, chegaron as denuncias (moito pelexou a agora descabezada Asoar Armega), as mortes, as especies invasoras, e os problemas económicos… ata o abandono.
En poucos anos a produción caeu, e a empresa foi á quebra, provocando o abandono total das xaulas dende hai máis de 5 anos.
Os colectivos do mar levan pedindo dende 2016 a eliminación completa das estruturas das xaulas, pero se atopan co continuo rexeitamento da Xunta e Capitanía Marítima, que consideran que non se pode facer nada ata que se resolva o concurso de acreedores da empresa promotora.
Perigo
A día de hoxe, ademais de ser perxudicial para a fauna e a biodiversidade, é un perigo para os barcos. Nas inmediacións do polígono os barcos están tendo problemas polo desprendemento dos cabos de suxección das xaulas.
O último suceso acontecía en 2019, cando un mergullador tiña que ser rescatado tras sufrir un accidente cando limpaba as xaulas.
Histórico das Xaulas de Salmón
- 2016: O BNG denuncia a caducidade da concesión das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia.
- 2016: Asoar-Armega esixe que a Xunta retire as gaiolas de salmón da ría de Muros.
- 2013: Denuncian o abandono das gaiolas de salmón tralo desprendimento dunha gran boia.
- 2013: Denuncian que as gaiolas de salmón puideron traer un molusco invasor.
- 2012: Denuncian que as gaiolas de salmón de Muros non están a ser produtivas.
- 2012: A Fiscalía confirma as denuncias pola morte dos salmóns nas gaiolas de Muros.
- 2011: O mar de Muros rexeita frontalmente as xaulas de salmón.
- 25-03-11: Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- 17-03-11: Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.