Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Costa da Morte abre os ollos contra a Violencia de Xénero

A Costa da Morte abre os ollos contra a Violencia de Xénero
25 de novembro, e cada ano a Costa, o país e todo o mundo celebra este Día internacional contra a Violencia de Xénero. En toda España este 2010 xa van máis de 60 mulleres asasinadas a mans das súas parellas, cifra que non deixa de crecer. Unha desas mulleres era pontecesá e a Costa ponse mans á obra para atallar todo signo de violencia machista. Son moitos os concellos e as entidades que fan actividades estes días co gallo do 25N. De feito, a Mancomunidade de Fisterra, que poucas veces se pon dacordo para facer nada, presentaba este mércores un "Itinerario de coordinación interinstitucional en materia de violencia de xénero, impulsada polos Concellos de Muxía, Dumbría e Cee", que coñeceremos estes días. Con todo, famos mención ao Soliloquio de Susana Alvite para reflexionar se o mundo precisa ou don desta clase de datas sinaladas. Pero polo de pronto, comezamos o repaso ás actividades desta semana pola asociación que máis traballa pola igualdade na bisbarra, a Buserana.

O 25N da Buserana

A Organización Feminista Buserana organiza varias actividades para os días 24, 25 e 26 deste mes de novembro. O mércores 24, no marco do Ciclo de Cine OutrasVoces, que artella COSAL, proxectaranse varias curtas a partir das 20:15h no IES Fernando Blanco. O xoves 25 terá lugar na praza 8 de marzo de Cee a concentración anual e lectura de manifesto a partir das 20:00h. E para o venres 26 queda unha charla-coloquio por parte de Lucía Oca, sobre Cabo Verde. A cita será ás 20:30h no Salón de Plenos do Concello de Cee.

O 25N de Camariñas

Outras das entidades que máis está a facer en prol da igualdade é Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade, que pide á bisbarra que "Abran os ollos". A entidade lembra o valor da palabra e da denuncia, e sinala que "O silencio é unha forma de participar na violencia”. A entidade convoca á cidadanía a unha concentración que terá lugar este xoves 25 de novembro as 20:00h. fronte a Casa da Pedra de Camariñas. E nos deixa este cartel obra do debuxante Rafa Navaroo.

Os carteis de Cee

O Concello convocaba o III Concurso de Carteis, que se darán a coñecer este xoves ás 12:00h diante do Concello ceense. Ademais o concello, a través do Centro de Información á Muller (CIM) está artellando diversas charlas no IES Agra de Raíces e Fernando Blanco sobre prevención da violencia e igualdade a todo o alumnado de E.S.O. que rematarán a primeira semana de decembro.

O 25N de Vimianzo

A Área de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo repartirá panos conmemorativos dese día entre todo o persoal do concello, para que ese día todo o mundo sexa partícipe dun acto tan importante. Farán o propio cos coches da zona, cun lazo de cor morada coa inscrición “Vimianzo contra a violencia de xénero”. As 12:00 horas procederase a lectura dun manifesto na praza do concello condenando a violencia de xénero. A este acto está invitada toda a Corporación local e tamén todos os traballadores do concello, así como todos os veciños e veciñas que queiran ser partícipes deste acto. Aproveitarán este acto para soltar uns globos en solidariedade coas persoas que sofren esta lacra.

O 25N en Ponteceso

O Concello pontecesán organiza unha actividade, que se celebrará na Praza do Relleno en Ponteceso, de 11.00h a 12.30h consistirá nunha recollida de pegadas de mans en repulsa á violencia de xénero, ou tamén se poderá deixar unha frase no taboleiro habilitado ao efecto na Praza. Ademais, ás 12:00h farase un minuto de silencio en apoio as vítimas da violencia de xénero. h3>25 en Muxía

Por Muxía traballan todo o ano en materia de igualdade. Un exemplo é esa Galería Mulleres que cada mes lembra unha persoa con relevenacia hist´roica.

Ademais, o CIM do Concello de Muxía e a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe a Concelleira Irma García Barcia, seguen a traballar a prol da igualdade, Pero tamén é fomentado de xeito transversal en todas as concellerías e dende tódalas áreas de traballo do equipo de goberno.

O Concello prepara unha sesión de Contacontos da Igualdade, que terá lugar o sábado 27 ás 7 da tarde no Salón de Actos do Voluntariado e cargo da Compañía Duende Sico. Ademáis hoxe xoves 25 haberá un obradoiro de emancipación xuvenil. Este obradoiro serve para dotar a mozos e mozas das ferramentas básicas para a súa emancipación do núcleo familiar e terá lugar no Centro Social en horario de 17 a 20 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios