Luns. 16.09.2019
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía resalta a figura de Victoria Camps

A Galería Mulleres de Muxía resalta a figura de Victoria Camps
galeria-mulleres-novembro-victoria-camps Victoria Camps é protagonista da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía durante todo o mes de novembro. Camps é catedrática emérita de Filosofía moral e política da universidade autónoma de Barcelona. Foi senadora polo PSC-PSOE durante os anos 1993-1996 e conselleira do "Consell Audovisual de Catalunya" entre 2002 e 2008. Actualmente é presidenta da "Fundació Víctor Grifols i Lucas" e membro do "Comité de Bioética de Cataluña". Foi Presidenta do "Comité de Bioética de España". Entre os seus libros destacan "A imaxinación ética", "Virtudes públicas" (premio Espasa de Ensaio), "Paradoxos do individualismo", "O século das mulleres", "A vontade de vivir", "Crer na educación", "O declive da cidadanía", "O goberno das emocións" (premio Nacional de Ensaio). "O século das mulleres" está dispoñible na biblioteca municipal muxiana. En 2008 foi galardoada co Premio Internacional Menéndez Pelayo. En 2014 foi investida doutora Honoris Causa pola universidade de Huelva.

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios