Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A polémica chega a lea nas obras da estrada de Lourido

A polémica chega a lea nas obras da estrada de Lourido
Obras da estrada de Lourido Así están as polémicas Obras da estrada de Lourido As obras de mellora do firme que está desenvolvendo a Deputación entre os km.2 e 4 da estrada entre Muxía e Touriñán (DP-5201), a altura do lugar de Lourido, non están sendo unhas obras calquera. A tensión pálpase tanto que a semana pasada foron varios veciños os que se concentraban para protestar polo malestar xerado polo corte da estrada. ”A xente está cabreada porque leva pechada a estrada 15 días, e ademais as obras estaban levantando moito po, ocasionando moitas molestias”, sinala varios dos veciños do lugar, que esixen que o alcalde, Félix Porto, tome cartas no asunto. O cabreo é tal que, segundo nos conta un dos testigos, a tensión chegou as mans cando un dos veciños do lugar chegou a ameazar cun machete e agredir ao responsable da obra, da empresa de Melide, Construcciones Leonardo Miguélez que, en todo caso, non quere facer valoracións de xeito oficial. Por agora non hai denuncias presentadas, pero si houbo un intento de mediación por parte da Policía Local, á quen os veciños corroboraron as súas desavenencias cas obras, reclamando tamén que lles asfaltaran as entradas das fincas. O contratista explicoulles que aí non pode facer nada, que iso hai que reclamalo na Deputación, se ben por outro lado se lles obriga á empresa a regar para non levantar tanto po.

Fonte

Comentarios