A Buserana demostra que o feminismo non está en crise na Costa da Morte

13:30 06/03/13

- Ás 18:00h: taller de globoflexia para nenas e nenos.
- Ás 19:00h: Concentración.
- Ás 20.30h: Festa na Bombonera, Cee.
Concentración en Cee
Ademais, a Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal do concello de Cee comunica que este venres 8 de marzo en homenaxe a todas as mulleres e na defensa da igualdade haberá un acto de concentración e lectura do manifestó aprobado en Pleno o día 27 de febrero, ás 12:00h diante do Concello.
"As mozas galegas, o Motor do País: Que non nos paren"

- Venres 8: Inaguración da exposición “A imaxe da muller na obra de Castelao” no Salón de Actos do Concello de Carnota. A partir das 21:00h, logo de rematar as actividades que propón a Concellería da Muller, ás que animamos a asistir. Un dos aspectos centrais desta actividade, di Paula Nemiña, responsable da Asemblea de Mulleres “é profundizar na obra do noso referente no nacionalismo galego, onde a través das súas láminas, podemos analisar os casi inexistentes cambios que houbo e a involución nos dereitos que vivimos”.
- Sábado 9: 150º Aniversario da obra Cantares Gallegos. Subida reivindicativa ao Monte Pindo, onde compartirán versos de dita obra. Saída ás 10:00h da praza da Solaina do Pindo.
Máis información
Novas relacionadas
- A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio.
- 25N sen silencio: Curtas que non calan.
- 2011: Día da Muller Traballadora: Unha loita moi viva.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).