![]()
Técnicos da Unión de Consumidores de Galicia - UCGAL - impartirán mañá venres unha xornada informativa en Muxía baixo o título
"Que podo facer ante unha cláusula chan?". O principal obxectivo desta actividade é axudar á cidadanía a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan e o impacto que a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea terá sobre a devolución dos importes cobrados indebidamente.
A xornada informativa levarase a cabo, ás 19 horas, no salón de plenos do concello de Muxía, e contará coa presenza da responsable do centro de Información á Muller de Muxía - Isabel Muñoz -. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
UCGAL recoñece que, trala sentenza ditada recentemente polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE),
o número de consultas sobre as cláusulas chan aumentou e que, practicamente cada día, atenden chamadas de persoas consumidoras que buscan información e asesoramento. Esta xornada informativa forma parte
dunha serie de actividades que UCGAL está a desenvolver por toda Galicia para achegar á cidadanía
información actualizada e veraz sobre as cláusulas chan.
Reciclaxe
Por outra parte, a
asociación Muxía Turismo Rural (en colaboración co concello) organiza unha xornada formativa sobre a reciclaxe impartida por técnicos da
campaña "Oportunidades para reciclar".
A sesión terá lugar o domingo 26 de febreiro ás 17 horas no local social da antiga escola de Viseo. Durante a charla, os participantes realizarán actividades prácticas de separación de residuos, xogos de reciclaxe e
merchandasing.
Fonte