Ángel Castro, o hospitaleiro fetén
Ateigouse este domingo o Hotel Bela Muxía para render homenaxe a Ángel Castro. O histórico hospitaleiro do albergue muxián, que ademais foi durante anos o responsable na vila de recibir aos peregrinos, xubilábase hai unhas semanas e a familia Bela, así como a sociedade muxiá, quixo renderlle unha pquena homenaxe.
Emocionouse ao destapar a placa que lle dá o seu nome á recepción do albergue muxián, e que verán todos os visitantes que pasen noite no albergue. Houbo unha marea de veciños e veciñas que quixeron participar da homenaxe, pero tamén xentes chegadas de toda Europa, que enviaron agasallos e vídeos e textos de agradecementos.

Todo ese respecto e cariño conseguido a base dun exquisito, dun cariño e dun acompañamento, exemplar, que xunto ao coñecemento e as gañas de compartir facía de Ángel o hospitaleiro fetén.
Todo, ademais, sen necesidade de redes sociais, a base de contacto directo, do cara a cara.
Cómpre enviarlle tamén os nosos parabéns, que ben lembramos cando aló polo 2008-2010, ao comezo da singradura QPC, nos recibíu con agarimo e nos sacou a descubrir os tesouros máis importantes da vila da Barca.

