Aparece varada unha narcolancha en Nemiña
23 de marzo de 2023 (18:57 h.)
Semanas de narcosubmarinos, laboratorios… xa tardaba en aparecer a Costa da Morte. E esta tarde de xoves aparece varada unha narcolancha na praia de Nemiña.
Coa quillar cara arriba foi arrastrada pola corrente ao areal muxián, cos seus imponentes motores marcando territorio. Trátase dunha embarcación duns 12 metros, con 4 motores de 300 cabalos de potencia, e podería ter capacidade para case 3.000 quilos de droga.
Agora mesmo está varada no areal con presenza xa da Garda Civil, que asegura que os "mojóns" de acceso á praoa foron desprazados do seu lugar orixinal deixando ver que puido haber unha descarga no lugar. Mañá daranlle a volta para continuar a investigación.
Seguiremos informando.
Informe sobre narcotráfico
Novas relacionadas
- Maio 21: Investigan as estranas circunstancias do rescate á planeadora realizado o sábado.
- Maio 21: Atopan con vida tres persoas que saíron en planeadora na tarde de onte do porto do Pindo.
- Marzo 21: Operación Volvoreta: Desmantelado un punto de venda de drogas en Fisterra.