Martes. 19.03.2024
El tiempo

Aparece varada unha narcolancha en Nemiña

Narcolancha en Nemina Saburil
Narcolancha varada en Nemiña
Aparece varada unha narcolancha en Nemiña

Semanas de narcosubmarinos, laboratorios… xa tardaba en aparecer a Costa da Morte. E esta tarde de xoves aparece varada unha narcolancha na praia de Nemiña.

Coa quillar cara arriba foi arrastrada pola corrente ao areal muxián, cos seus imponentes motores marcando territorio. Trátase dunha embarcación duns 12 metros, con 4 motores de 300 cabalos de potencia, e podería ter capacidade para case 3.000 quilos de droga.

Agora mesmo está varada no areal con presenza xa da Garda Civil, que asegura que os "mojóns" de acceso á praoa foron desprazados do seu lugar orixinal deixando ver que puido haber unha descarga no lugar. Mañá daranlle a volta para continuar a investigación.
 

Seguiremos informando.

Narcolancha en Nemina

Narcolancha en Nemina 2

Informe sobre narcotráfico

Novas relacionadas

Comentarios