Venres. 18.06.2021
El tiempo

Atopan con vida tres persoas que saíron en planeadora na tarde de onte do porto do Pindo

Salvamar Regulos de busca pola Costa da Morte
Atopan con vida tres persoas que saíron en planeadora na tarde de onte do porto do Pindo

Esta tarde de sábado, o 112 abriu un dispositivo de busca por 3 persoas que a pasada tarde saíran ao mar dened o porto do Pindo. Segundo fontes da zona, serían 3 homes da Pobra do Caramiñal, que onte chegaban ata o lugar do Pindo coa súa planeadora de 7 metros e se botaban ao mar, supostamente, a pescar.

Hoxe as familias lanzaban a alarma, e o 112 comezaba un operativo por terra, mar e aire. Varoas embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia, o helicóptero de Salvamento, os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os membros de Protección Civil de Carnota, Dumbría e Cee, colaboran na busca.

Finalmente, eran as 21:00h deste sábado cando eran atopados, con vida, mentres navegaban pola zona. Volvían a porto escoltados por Salvamento Marítimo, Garda Civil e Aduanas de Muros.

comentarios