Venres. 29.03.2024
El tiempo

Operación Volvoreta: Desmantelado un punto de venda de drogas en Fisterra

Última hora: O detenido ingresou en prisión por Orde Xudicial
Operacion Volvoreta contra un punto de vendra de drogas en Fisterra
Operacion Volvoreta contra un punto de vendra de drogas en Fisterra
Operación Volvoreta: Desmantelado un punto de venda de drogas en Fisterra

Debulla hoxe a Garda Civil a operación desenvolta onte en Fisterra, chamada #OperaciónVolvoreta. Unha operación levada a cabo por unha trintena de axentes, que serviu para desmantelar un punto de venda de drogas na vila do Cristo, que arrincaba hai tempo tralas numerosas queixas dos veciños da zona ante o incremento do consumo e venda e a sensación de inseguridade que o tráfico de compradores xeraba entre a poboación. Un punto que ademais se atopa preto de dous centros escolares.

Trala investigación, e detectado o piso, a Garda Civil solicitou á Autoridade Xudicial unha Orde de entrada e rexistro da vivenda, para proceder durante a mañá de onte á operación, contando ademais coa colaboración da Unidade de Guías Caninos.

Can de busca de drogas da Garda Civil

A operación saldouse coa incautación de diversas cantidades de cocaína e hachís, 4.467 euros en moeda fraccionada, diversos útiles necesarios para a manipulación e venda de sustancias estupefacientes, 3 ordenadores portátiles, 11 teléfonos móbiles e varios dispositivos electrónicos.

A operación foi desentolta polo Equipo Roca da Garda Civil de Carballo en colaboración coa Garda Civil do Posto de Corcubión, a Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC) e o Grupo Cinológico da Comandancia da Garda Civil da Coruña.
O detido, un dos habitntes da vivenda, por un presunto delito contra a saúde pública, xunto coas actuacións realizadas e os efectos intervidos, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Corcubión.

Informe sobre narcotráfico

Novas relacionadas

Comentarios