Venres. 26.04.2024
El tiempo

Investigan as estranas circunstancias do rescate á planeadora realizado o sábado

Garda Civil no Pindo e a planeadora
A Garda Civil recollendo este domingo a planeadora do porto do Pindo, onde quedara fondeada dende o sábado pola tarde. Fotos: Ses Manu
Investigan as estranas circunstancias do rescate á planeadora realizado o sábado

Continúan as investigacións sobre a estrana emerxencia acontecida este pasado sábado. Se ben a Garda Civil aínda non se atreven a confirmar nada, a realidade é que este domingo a embarcación de Aduanas de Muros e a Garda Civil estiveron no porto do Pindo, e levaron para investigar a planeadora (ou lancha de recreo cun motor reforzado).

O dispositivo de emerxencias, por terra, mar e aire, despregado trala alarma feita polas familias, non serviu máis que para facer saltar as alarmas ante o que pode ser outro caso de narcotráfico na comarca.

Ademais de non levar teléfonos móbiles a bordo, e de pasar a noite na mar, o máis estrano é que se ao marchar eran 3 os tripulantes da embarcacións (3 veciños da Pobra do Caramiñal que en teoría saían a pescar dende O Pindo cunha lancha traída con remolque dende a zona de Arousa, onde supostamente un clan tería rexistrada a embarcación), foron 5 os que volveron, pois unha vez alcanzados pola embarcación de Salvamento Marítimo, tamén ían a bordo un rumano e un búlgaro.

A investigación segue aberta.

Garda Civil no Pindo e a planeadora 2

Novas relacionadas

Comentarios