Venres. 26.04.2024
El tiempo

En marcha a reforma do edificio da nave de xeo do porto de Muxía

20230315 presidenta portos nave xeo Muxia
En marcha a reforma do edificio da nave de xeo do porto de Muxía

Visita institucional esta pasada mañá de onte ao porto de Muxía onde a Presidenta de Portos, anuncio a próxima a licitación do proxecto de reforma do edificio da nave de xeo do porto de Muxía. Unha necesidade trasladada polos mariñeiros con anterioridade.

Será a través dun investimento de 130.000 euros, e cun prazo de execución previsto para as obras, unha vez contratadas, é duns 3 meses.

A reforma incluirá a renovación da envolvente metálica da cuberta e as fachadas co obxectivo de resolver as deficiencias que presenta derivadas da súa exposición ás inclemencias meteorolóxicas. 
As actuacións consistirán na reposición da cuberta e dos paneis metálicos da fachada así como na substitución de portas, portóns, fiestras e reixas e a renovación das baixantes do edificio ao tempo que se executará o saneamento soterrado ata a rede de pluviais.


 

    

Comentarios