Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Arrinca a Semana dunha Barca en clave feminina

Arrinca a Semana dunha Barca en clave feminina
Misa no primeiro dia de novena na Barca-Foto-Braulio Garcia Chega a fin do verán e coma sempre a Barca ilumina o percorrido cara o inverno. A Festa das Festas, a que une a toda a bisbarra, maiores e mozos, unha das que mellor mestura devoción e troula. A Romaría da Barca de Muxía afronta a súa recta final, e se non comezarán ata o venres 13, ao longo destes días xa imos coñecendo boas novas, así como disfrutando das propostas culturais da Semana Cultural. O pistoletazo de saída tivo luga o pasado día 5, primeiro día da novena, e xa coa igrexa da Virxe da Barca ateigada. De aquí ata o día da Barca haberá misas ás 9:00h da mañá e ás 19:00h, para que o mesmo domingo milleiros de romeiros invadan as pedras da Punta da Barca.

Unha Semana Cultural completa

Completo o Programa da Semana Cultural da Barca. Xa esta fin de semana tocaba poesía, motos e teatro, e hoxe luns arrinca a semana con xogos tradicionais, a partir das 19:00h no Cabo da Vila. O martes serán as Pandereteiras de Muxia as que poñan ás 20:30h a nota festexeira no Cabo da Vila, ou no Salón de Actos se vai mal tempo. Para o mércores, toca teatro para os peques con Santi Prego e o seu "O teatro máis pequeno do mundo". O xoves, e para poñer fin á Semana Cultural, concerto de Álvaro Muras Funkatro a partir das 22:00h.<(p>

A segunda pregoeira da Barca

Viki Rivadulla será a primeira pregoeira da historia da Romaría da Barca E alegrámonos encarecidamente de que sexa unha boa colaboradora de QPC como Viki Rivadulla a segunda pregoeira da historia da Romaría da Barca. Así o anunciaron o Presidente da Comisión de Festas da Romaría da Barca, Juan Cortés, xunto co Alcalde de Muxía, Félix Porto. A primeira pregoeira foi Tersa Lord, no 2005, e hoxe a propia Viki nos aseguraba que estaba "moi orgullosa de todos xeitos de estar aí para que vaia sumando o número de mulleres. Espero que haxa moitas máis no futuro. O meu pregón deidicareillo ás mulleres", indicaba. O acto será ás 21 horas do venres, 13 de setembro, na Praza do Cabo da Vila.

E 4 días de Festas

E como non, as citas claves chegarán entre o venres 13 e o luns 16, cando as grandes Festas da Barca 2013 estean no seu máximo esplendor. Xa poden botar un ollo na Axenda Costa da Morte para ver o programa completo desta Festa Gaega de Interese Turístico.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios