Venres. 18.10.2019
El tiempo

Como soa da Pedra de Abalar cando abala?

Como soa da Pedra de Abalar cando abala?

Se a semana pasada nos achegábamos a Muxía para disfrutar do espectáculo do congro. Hoxe tiramos ata o cabo da vila para chegar a un dos puntos máis visitados de toda a Costa da Morte: As pedras da Punta da Barca-

Xa coñecemos a Pedra dos Cadrís, a Pedra de Abalar, a Pedra do Timón... pero ata o de agora, moitos de nós non as escoitáramos.
Descubrimos esta semana un vídeo subido por Félix Federico Menéndez Martínez, cunha sorpresa: o son, hai 40 anos, da pedra abalando.

Un son que ben lle tivera gustado recoller á xente de escoitar.org...

Unha pedra xuiza

Lembra Menéndez as propiedades que se lle atribúen á Pedra de Abalar, desde unha finalidade adivinatoria ata considerala como instrumento para probar a culpabilidade ou inocencia das persoas.

Conta Menéndez que un temporal aló no 1978 afectou á pedra e a rompeu. Tivo que ser reparada e dende aquela xa non abala.

A romaría da Barca, Festa de Interese Turístico Nacional, segue a ser unha cita ineludible que pecha cada verán. Alí os romeiros contan historias de como a Pedra se balancea cando quere, en ocasións colócanse moitas persoas encima e non se move, e noutras se balancea soa. Tamén din que cando se balancea soa, predicir algunha desgraza.
Menéndez explica que coa cristianización deste lugar apareceron moitas lendas de tipo relixioso relacionadas con esta Pedra. Vicente Risco cóntanos que durante a Guerra Civil entre Castela e Portugal, que durou sete anos, a Pedra non se balanceó. Tamén se conta que nunha ocasión que quixeron roubar no Santuario da Barca, a Pedra comezou a balancearse tan forte que co seu rouco soar espertou a todos os veciños, asustando aos ladróns.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Video da pedra de Abalar

Comentarios