Arrinca a Semana dunha Barca en clave feminina

09:55 09/09/13

Unha Semana Cultural completa
Completo o Programa da Semana Cultural da Barca. Xa esta fin de semana tocaba poesía, motos e teatro, e hoxe luns arrinca a semana con xogos tradicionais, a partir das 19:00h no Cabo da Vila. O martes serán as Pandereteiras de Muxia as que poñan ás 20:30h a nota festexeira no Cabo da Vila, ou no Salón de Actos se vai mal tempo. Para o mércores, toca teatro para os peques con Santi Prego e o seu "O teatro máis pequeno do mundo". O xoves, e para poñer fin á Semana Cultural, concerto de Álvaro Muras Funkatro a partir das 22:00h.<(p>A segunda pregoeira da Barca

E 4 días de Festas
E como non, as citas claves chegarán entre o venres 13 e o luns 16, cando as grandes Festas da Barca 2013 estean no seu máximo esplendor. Xa poden botar un ollo na Axenda Costa da Morte para ver o programa completo desta Festa Gaega de Interese Turístico.Novas relacionadas
- Axenda Costa da Morte: Festas da Barca 2013.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Como soa da Pedra de Abalar cando abala?.
- Festas da Barca 2012: Ritmo trepindante nas dúas e grandes Festas da Barca.
- Festas da Barca 2011: Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca.
- Festas da Barca 2010: A Festa das Festas.
- Festas da Barca 2009: Milleiros de persoas abalaron a Barca (con resumo e galería de Marcos Rodríguez).
- Festas da Barca 2007: A Barca by Dani.
- Recunchos da Costa: As Pedras da Punta da Barca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).