Venres. 29.03.2024
El tiempo

As vacas envelenadas de Santa Comba

As vacas envelenadas de Santa Comba
Unha das vacas inchadas e falecidas en Santa Comba Unha das vacas inchadas e falecidas en Santa Comba

Dende 2010 morréronlle 30 vacas. O gandeiro de Santa Comba Félix García Outes decatouse que podería ser por mor da herba, por mor dun silo envelenado, e ademais de avisar ao Seprona, levou unhas mostras a varios laboratorios para analizar a saúde do silos. Agora foi a Asociación Ecoloxista Arco Iris a que pide que se faga unha investigación formal tras

O gandeiro xalleiro asegura que as vacas son envelenadas por algún produto que se lle engaden aos silos, como a que ten a piques de falecer.

Así, o informe de toxicoloxía deu positivo en Mebezonio.un potente relajante neuromuscular de acción curarizante que detén os movementos respiratorios, ademais de provocar un colapso circulatorio rápido. O seu uso atópase limitado a uso veterinario co fin de provocar a eutanasia en animais con enfermidades terminales. A gravidade deste aspecto consiste na probable falta de control sanitario destes tóxicos, de forma similar ao que ocorre cos herbicidas.

Segundo Arco Iris, “o incalificable suceso, protagonizado polo ou os desaprensivos de cuxa identidade xa sospeitar, conduciu a unha familia enteira á ruína mais absoluta e liquidado unha explotación industrial en plena actividade. Por desgraza, estas prácticas empezan a ser mais frecuentes do desexable en Galicia; ARCO IRIS dá conta doutros casos en Coristanco, Muxía e Rianxo”.

Por iso, a entidade esixe “a apertura polo SEPRONA dunha exhaustiva e rigorosa investigación, que delimite as responsabilidades a que puidese haber lugar e identifique aos culpables deste acto criminal, procedendo a impoñer no seu cuantía máxima as sancións contempladas na normativa vigente , con independencia das responsabilidades penais que puidesen existir”.

Felix Garcia Outes co silo envelenado en Santa Comba-Fonte-TVG Félix Garcia Outes co silo envelenado en Santa Comba-Fonte-TVG

Novas relacionadas

Fonte

  • Arco Iris.

Comentarios