O CEIP Vilarmide aproveita o Nadal para aprender valores
No CEIP de Vilarmide Eduardo Noya saben que os valores tamén se aprenden. É por iso que antes de empezar as vacacións de Nadal celebraron por 4º ano consecutivo unha emotiva tradición: o IV Nadal Solidario.
Durante todo o mes as familias e veciñ@s, aportaron o seu gran de millo para que no Fogar de Sor Eusebia e no Fogar de Santa Lucía os usuari@s (70 homes e 17 mulleres respectivamente) poidan celebrar un Nadal máis doce. Os representantes do Fogar de Sor Eusebia (que xa son case da familia) recolleron turróns, polvoróns, mazapáns, pixamas, colonias, e un montón de regalos máis para axudar a Papá Noel e aos Reis Magos para que todos os chicos do Fogar teñan un agasallo neste Nadal.
Ata o colexio chegaron Carlos, Guillermo, Germán e José Luis para recoller todo e falar co alumnado sobre a súa vida no centro, as causas que os levaron a vivir alí e sobre todo para dar as grazas pola solidariedade e o cariño recibidos.
O que máis agradeceron foron as postais de Nadal individualizadas, so 20 nenos de primaria para facer 70 postais para eles e 17 para Santa Lucía. Carlos, o traballador social, contou que para algún dos usuarios é a única postal que reciben e as gardan na súa habitación con cariño. Mateo, un dos nenos máis pequenos do colexio foi o encargado de entregarlle o paquete cas postais.
Quedaron asombrados da madurez do alumnado e dos valores que teñen e moi agradecidos por saber que neste colexio hai persoas que pensan neles, que se preocupan e que os fan “visibles. “
Hoxe será o turno da visita das chicas de Santa Lucía, que de seguro que tamén fican abraiadas e agradecidas co traballo do centro