Luns. 29.04.2024
El tiempo

O alumnado do CEIP Vilarmide viven un Nadal social cos usuarios do Fogar Sor Eusebia

Nadal Solidario 2023 CEIP Vilarmide 3
Usuarios de Sor Eusebia no CEIP Vilarmide
O alumnado do CEIP Vilarmide viven un Nadal social cos usuarios do Fogar Sor Eusebia

Un dos Nadais máis comprometidos socialmente de todos os centros de ensino da Costa da Morte é o do CEIP Vilarmide Eduardo Noya. Xa o ano pasado o alumnado viviu de preto o que implica ser unha persoa sen casa, e este Nadal, o centro volveu amosar a solidariedade de toda a comunidade escolar cos usuarios do Fogar de Sor Eusebia.

Non foron o Apalpador, nin os Reis Magos os que visitaron onte o centro muxián. Foron Miguel, Taboada e César, usuarios do centros social, que quixeron compartir as súas experiencias de vida co alumnado do centro.

Quixeron envorcarse ás familias da vila cos usuarios desta institución coruñesa na que conviven homes que, por diversas circunstancias, non poden vivir sós nin coa súa familia. E o cole esperábaos cunha enorme mesa chea de turróns, mazapáns, doces, chocolate, embutidos ibéricos, colonias, regalos… E unha xigantesca postal de Nadal que dicía Para o Fogar de Sor Eusebia: “MERRY CHRISTMAS, FELIZ NAVIDAD, BO NADAL”.

Nadal Solidario CEIP Vilarmide

Unha vez máis a realidade superou ás expectativas e Carlos, o traballador social, Silvia, a psicóloga e os tres residentes no Fogar. Todos quedaron emocionados por todo o que levan dende a pequena comunidade costeira. Agradeceron os agasallos comprados, pero sobre todo agradeceron o cariño co que a cativada do CEIP de Vilarmide fixo as felicitacións para cada un dos 60 residentes. Iso que no cole non chegan a 50 nen@!

Durante 2 horas explicaron como é a vida nunha institución na que conviven tantos homes que se consideran a si mesmos familia. Responderon a todas as preguntas que alumnado e profesoras lle fixeron. Falaron de empatía, de unión, de respecto, de soños cumprido e incumpridos e do que é prioritario na vida.
Marcharon co corazón cheo de esperanza e amor. Felicitaron a toda a comunidade pola súa solidariedade, a súa xenerosidade e o compromiso cos que teñen necesidades (no só económicas). Aconsellaron aos nenos, dende a súa experiencia, sobre a importancia de ser responsables, estudosos, pero sobre todo de ser boas persoas.

Ao final os nen@s tiveron que resumir cunha soa palabra o acto de hoxe e foron maioritarias: Paz, amor, solidariedade, amizade, unión, cariño, humildade, empatía, alegría… foron algunhas das verbas que utilizaron

Podese resumir a filosofía do CEIP de Vilamide Eduardo Noya neste pensamento de Eduardo Galeano “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo”.

Nadal Solidario 2023 CEIP Vilarmide 12
Foto de familia do alumnado cos usuarios de Sor Eusebia
 

Comentarios