O CEIP Vilarmide une o Día da Infancia co 25N para loitar contra as discriminacións por nacer nena

Novembro activo no CEIP de Vilarmide Eduardo Noya aproveitando dúas importantes datas para concienciar e educar en solidariedade. O 20 novembro foi o Día Universal da Infancia e hoxe 25 de novembro é o Día Mundial da eliminación da Violencia contra a Muller-
O implicado profesorado e o alumnado non só investigaron os tipos de violencia contra a infancia e contra as mulleres, senón que, na medida das posibilidades, loitaron contra este mal que afecta a nen@s e mulleres de todo o mundo.
Puxeron o foco nas discriminacións por nacer nena, pero tamén trataron temas tan profundos como a loita contra os matrimonios infantís, ou a loita contra a MXF (mutilación xenital feminina).
Para iso coñeceron a inmensa labor que fan dúas pequenas ONG. Primeiro coñeceron o traballo de Solidarios Sin Fronteras co seu programa: “Desayunos para Yemen”, no que gracias aos teamers que aportan tan só 1€/mes consiguen que nenos e nenas poidan ir á escola e eviten os matrimonios infantís, os secuestros ou ser recrutados como soldados.
Colaboraron tamén con Mundo Cooperante, una ONG que traballa para erradicar a MXF e os matrimonios infantís. Todo o alumnado e profesorado mercaron as pulseiras masais elaboradas por mulleres que antes eran mutiladoras e que agora gañan un soldo gracias a esta iniciativa. Desta maneira tan bonita os nen@s divulgaron entre a familia e veciños o magnífico traballo de Mundo Cooperante. Mercáronse case 100 pulseiras!
O corredor do colexio encheuse de debuxos, comics e poemas relacionados con ambas datas e, o venres 24 luciron uns lazos violetas, símbolo da loita contra a violencia machista, feitos de forma altruista por una veciña, Sofía López Simón a quen queren agradecer dende aquí a sua aportación contra esta lacra.
”Foi un mes cheo de loitas, pero tamén de esperanza e de colaboración”, explican dende o centro.
