sábado. 09.11.2024
El tiempo

A CMAT organiza no Parador un Encontro para o sector turístico

Xose Regueira en Fitur coa CMAT e a Deputacion
Imaxe dunha presencia da CMAT en FITUR
A CMAT organiza no Parador un Encontro para o sector turístico

Este xoves 28 de outubro, ás 17:30h, o Parador de Lourido acolle un Encontro do sector turístico da Costa da Morte promovido pol Costa da Morte Asociación Turística (CMAT). O ente xestor do noso Xeodestino pretende favorecer a colaboración entre entidades públicas e privadas implicadas no desenvolvemento turístico de Costa da Morte.

Un encontro con invitación que contará coa presencia de representantes das entidades públicas (Concellos, Deputación e Xunta), así como de entidades supramunicipais, empresas vinculadas ao sector turístico, axencias de viaxes, cadeas hoteleiras e asociacións.

No Encontro, a CMAT presentará varios proxectos en marcha de interese global para a Costa da Morte, e amosará a reportaxe que se produciu para a campaña de “O Camiño continúa”. Tamén haberá unha mesa redonda cos blogueiros profesionais que participaron na campaña e que estiveron percorrendo durante varios días todos os concellos do territorio que conforma Costa da Morte. O Encontro de Turismo Costa da Morte rematará cun cocktail no Parador da Costa da Morte en Muxía, que terá coma fin principal o networking entre os asistentes.

Comentarios