Martes. 23.04.2024
El tiempo

Comezan as obras do futuro centro sociocultural dos Muíños

Centro Sociocultural dos Muinos
Comezan as obras do futuro centro sociocultural dos Muíños

A antiga escola dos Muíños convertirase en Centro Sociocultural. De feito xa comezaron as obras, que permitirán acondicionar catro aulas multifuncionais e unha sala de xogos infantís, para que se poidan desenvolver no seu interior actos culturais.

A obra inclúe tamén asesos adaptados e unha zona axardinada con mobiliario de descanso no exterior.

O tecido asociativo da zona, concretamente entidades como as palilleiras de Moraime, serán beneficiadas por esta nova infraestrurura social.

O, quixeron destacar “o que supón esta intervención xa non só para Os Muíños, senón tamén para todo o tecido asociativo de Muxía, cun novo lugar de reunión no que desempeñar as tarefas diarias. Será un lugar de convivencia no que se fusionarán a cultura e a tradición, en virtude da mellora nas conexións do tecido asociativo de Muxía”, destacaron o alcalde, Iago Toba, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, na súa visita ás obras.

 

Comentarios