sábado. 02.08.2025
El tiempo

O Concello de Muxía solicitará a reversión de terreos porturarios para o uso público

Reunion de Portos co alcalde de a teniente de Muxia
O alcalde e a teniente alcalde de Muxía cos representantes de Portos
O Concello de Muxía solicitará a reversión de terreos porturarios para o uso público

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Muxía, Javier Sar e a tenente de alcalde, Sandra Vilela, para analizar os terreos susceptibles de reversión por parte do ente público ao municipio coruñés pola súa innecesariedade para o desenvolvemento da actividade portuaria. Así, acordouse que os responsables municipai remitan a Portos unha proposta o vindeiro mes de setembro que será estudada nunha vindeira reunión.

Por outra banda, tamén abordaron a posibilidade de celebrar un convenio de colaboración para o mantemento do paseo marítimo así como de cooperación en materia de vixilancia policial e ordenación do tráfico. Neste caso, son os responsables municipais os que estudarán a proposta trasladada por Portos para continuar avanzando nesta liña de traballo conxunta.

Ademais, na xuntanza foron tratados outros asuntos de interese para o municipio como os problemas na iluminación detectados no peirao muxián. A este respecto, o presidente do entre público informou que Portos conta cunha empresa responsable do mantemento eléctrico nos recintos portuarios autonómicos para corrixir este tipo de incidencias ao longo de todo o ano.

José Antonio Álvarez tamén trasladou aos representantes municipais o informe remitido á Demarcación de Costas do Estado sobre a tramitación do deslinde do dominio público marítimo terrestre en Muxía.

Comentarios