Coñecendo a Raúl Lema, o muxián de 15 anos que vén de cambiar o Dépor polo Real Madrid
Visitante de excepción recibiu o potente Campus de Verán do Mazaricos CF, que gracias á implicación de Brais Sendón como técnico deportivo, está collendo un plus de notoriedade. Foi nada menos que Raúl Lema o que visiou aos máis de 60 rapaces e rapazas que participan no campus, e qu, vestidos de amarelo, puideron escoitar a entrevista que lle fixo o que escribe estas liñas, repasando a súa curta pero intensa carreira, nesta semana na que marcha cara a capital do estado para integrarse nas filas do Real Madrid CF.
O xogador muxián (03/12/2010) nacía cunha Copa Mundial baixo o brazo e agora vén de gozar dun novo título mundial coa Selección Española que xa sinte como propia, unha vez que xa é internacional coa sub15. Pero con todos eses altos voos, a xornada volveu incidir na importancia de xogar no equipo do teu pobo: “Non é nada malo quedar xogar no equipo do teu pobo, todo o contrario, é algo moi bonito ten que ser un orgullo”, sinalou. “Xogar no equipo do teu pueblo é moi importante, onde mellor o pasas e onde mís disfrutas!”. "Eu boto de menos xogar no Muxía de FS!"
De feito, recoñeceu que gozou máis da Copa da Costa conseguida polo seu Muxía CF (si, estaba no Irmandiño o pasado 24 de maio) que co Mundial ou mesmo que co ascenso do seu, ata a semana pasada, Dépor.
Unha dedicación total dende os 3 anos: o valor do esforzo
A conversa comezaba coas súas primeiras patadas, na pista do Instituto Ramón Caamaño e tamén na do cole dos Muíños, onde aprendía, cos colegas de toda a vida que seguen xogando no Muxía, eses regates ao máis puro estilo brasileiro que hoxe lle convirten nunha das grandes ameazas do fútbol nacional.
Pero a esa idade xa competía nas Escolas Luís Calvo. O seu pai, Javi Lema, que tamén foi xogador en equipos como o Ural, At. Madrid ou Real Madrid (foi facer as probas e Vicente del Bosque díxolle que se ben tecnicamente estaba sobrado, fisicamente non daba a talla por un problema de cadeira que viña arrastrando dende novo), xa o levaba dende os 3 anos dende Muxía ata Carballo para competir nos Biberóns do cadro bergantiñán.
Precisamente ese apoio familiar é clave para o desenvolvemento deste mozo de 15 anos que xa mide 1,73, ten un corpo ben definido pero que ten aínda percorrido físico. O seu tío Fran ou os avós foron tamén conscientes do esforzo que leva facendo todos estes anos, indo e vindo 4-5 días á semana a Abegondo, estudiando no coche pelexando por un soño. "É moi importante estudiar. Sempre hai que ter un plan B", ten claro, xa suando cando pensa no comezo do Bacharelato Internacional (ten pensado facer INEF).
Este domingo marcharon para Madrid e recoñece que lle preocupa máis o tema persoal que o meramente futbolístico: “Vai ser difícil porque aquí teño toda a familia, si que vou cos meus pais, pero tamén deixo a todos os amigos que levan con eles dende Infantil e Primaria, pero… O que algo quere algo lle costa”.
Das Eiroas a Abengondo pasando por Muxía e o Fisober
Lembra con cariño os anos nas Eiroas, dende Biberóns ata Prebenxamíns estivo ao mando de adestradores como Nando, Miguel, ou Bruno Sueiro (Paiosaco), un dos mellores recordos lle trae.
Tamén cometou ao fútbol sala moitos anos, unha modalidade fundamental para desenvolver a súa excelsa calidade técnica. Primeiro coas Escolas Deportivas Municipais do Muxía nas fantásticas Ligas Comarcais de FS ás ordes de Fran Toba, e despois no Fisober, co propio Fran e con Dani, cos que foi medrando e asaltando a Selección Galega Futsal. “É moi importante xogar a futbol sala”, lembra en calidade de regateador nato, “vas ter máis regate, máis contacto con balon, vaite axudar a levar cousas diferentes ao fútbol campo”, apunta.
Lembra o momento clave do seu paso de Carballo á Coruña, cando con 7 anos, no Torneo das EF Luís Calvo xogaban a final contra o Ural, gañaron aos herculinos e el fixo un gran partido. Esa mesma semana o Dépor chamaba ás portas da súa casa e a partir de aí o seu pai tivo que comezar a pagar a peaxe da AG55 para levar ao neno ata Abegondo.
”Abegondo ten unhas instalacións incribles, e trátanche moi ben, con moita esixencia, pero con moi bo trato, e moito cariño”. Ademais pode ter contacto con algún membro do primeiro equipo porque o meu axente ten tamén a Mella, Samu Fernández, Pablo García… Conta que os máis lle marcaron foron adestradores como Borja Pérez, ou o propio Borja Facal, así como Samu Lalín, co que tiñas que dar o callo todos os días”. Pero tamén sinala a Miguel Figueira, o mazaricán, “dos máis esixentes que hai”, que pasará polo propio Campus, e que é o adestrador do Xuvenil A, e que seguro que lamenta encarecidamente a súa marcha. “Miguel quere que corras, que baixes a defender, tes que estar todo o día movendo. Ten moi bo trato con nós, pero tamén é un pouco máis duro e esixente, e iso vaite axudando o que é o fútbol profesional”.
As experiencias das Seleccións
“Comecei a ir á Selección Galega de FS con 10 anos, e foi das mellores experiencias aquel primeiro vcampionato de España en Almería. Estaba moi nervioso, con moita xente na grada… satúraste un pouco pero tes que lidiar con esas cousas se queres medrar”.
Foi dando pasos xa ca Selección Galega de fútbol campo, onde se foi cruzando con xogadores como David Sueiro, santiagués do Celta, xa facendo a pretemporada Fortuna, que considera que “é un perfil que pode chegar moi alto”.
E xa leva 2 anos vestindo a camiseta vermella da Selección Española, coa que xa soña co Mundial sub17 do ano que vén. Destaca o fermoso desa convivencia durante case un mes, “unha boa experiencia pero cansa”, recoñece. “Na Galega colles 5 de cada equipo, pero na Española hai 1-2 de cada equipo. Hai moito nivel, está moi ben”, apunta deixando patente a diferencia entre o equipo autonómico e o estatal. De entre todos cos que se cruzou apunta como futuro primeira espada ao seu xa excompañeiro Iago Varela, recén convocado tamén coa vermella, e que pasa por ser un lateral con todo para triunfar. Tamén os celtistas David Sueiro e Hugo Chamadoira poderán chegar alto.
A fichaxe polo Madrid
Agora, despois de 7 anos en Abegondo, chegou a oferta do Real Madrid (había tamén de Inglaterra, de Portugal e de outros equipos da Liga) unha vez que o Depor non realizou unha aposta futbolística axeitada para el, pero non se deron as condicións adecuadas para poder seguir”, explicou.
De feito, Raúl xa marchou para a capital este domingo cos seus pais, que o arrouparán. ”É un cambio moi grande. Pasar de estar aquí cos teus amigos tomando algo todos os días, sobre todo agora en verán, e ter que ir para madrid, onde só coñezo a algún da Española, adestrando todos os días, ximnasio…” Con todo, preocúpalle máis o vital que o meramente futbolístico, pois xa se ten demostrado estar a altura a nivel técnico. “No futbolístico espero que non haia problema”, sinala amosando máis cara de preocupación cando pensa nos colegas que deixa na vila da Barca.
Os penaltis dos rapaces
Fantásticos os rapaces do campamento de Mazaricos, que lle fixeron unha de preguntas:
- Xogadores favoritos: Robiño, Ronaldiño, Ronaldo Nazario a nivel mundial, agora Vinicius ou Rodrigo. E Fran, “a lenda do Dépor”, a nivel deportivista.
- Os teléfonos máis famosos que ten: Samu Fernández ou Mella.
- Con que soñas: “xogar en 1ª División” e mesmo “gañar un Mundial”. Para iso teño que traballar moi duro”.
- Que botas usas: as F50 e as Predator. Teño contrato con Adidas.
- Que outro deporte farías: surf, en Nemiña e Razo.
- Cantos goles levas: arredor de 300. 25 esta última temporada; e 45 goles a temporada do Alevín A. Pero leva moitas máis asistencias que goles!
- Con quen xogadores che gustaría xogar: Con Messi ou Pirlo.
- Messi ou Cristiano: Messi... Gústanme máis os que regatean. Pero están empate.
- Xogadores do Dépor favoritos: Yeremay, Mella, Samu e Mario Soriano.
- Que tal lle das ca dereita?: Mellor de rabona...
- Que adestradores: Ancelotti.
- Tiras os penaltis?: cos da miña idade si. Pero non se me dá especialmente ben. Mellor as faltas, por encima da barreira.
- Cales son regates que máis che gustan: A elástica e a bicicleta, a que máis uso e a que máis funciona. Tamén a ruleta.
- Zurdo que xoga de extremo dereito. Que tipo de extremo es? Son máis dos que chega a liña de fondo.