Raúl Lema, un muxián á Selección Española
Impresionante. Un xogador da Costa convocado coa Selección Española Sub15. Despois de ver á carballesa Elena Vázquez campiona do mundo, estamos desexando ver debutar ao muxián Raúl Lema coa vermella nunha serie de partidos amistosos.
O muxián, xogador do Fisober e do Muxía dende pequeno, leva anos no Deportivo, e aos seus 15 anos dá este salto. Así llo trasladaron os seus compañeiros do IES Ramón Caamaño. Nun emotivo acto celebrado este venres no instituto, todo o alumnado e profesorado reuníronse para despedilo e desexarlle todo o éxito nesta ocasión tan especial. Durante a despedida, o ambiente estivo cargado de ánimos, felicitacións e mostras de agarimo cara ao novo talento.
O calendario de partidos da selección española sub-15 é o seguinte:
- Martes 26 de novembro - 11:00: ESPAÑA - MÉXICO Xoves 28 de novembro
- 11:00: MARROCOS - ESPAÑA Domingo 1 de decembro
- 11:00: ESPAÑA - EMIRATOS ÁRABES
Desde o IES Ramón Caamaño e dende QPC envíanmoslle o noso maior apoio e desexamos que esta experiencia lle permita seguir crecendo como deportista e como persoa.