Arliña homenaxeou ao internacional Raúl Lema
Fermosa homenaxe a que lle rendeu o Muxía CF a Raúl Lema (3-12-2010). O xogador do Real Club Deportivo foi recentemente convocado pola selección española sub15, todo un fito para un rapaz que apenas hai un par de semanas cumplía os 14.
Foi o domingo, no marco do choque entre Muxía e Agolada da 1ª FUTGAL, cando os dous equipos lle facían o “pasillo”, e as crianzas dos equipos benxamín e alevín lle entregaban varios agasallos: un balón asinado polo primeiro equipo, un cadro cun plano aéreo da Arliña.
Aí, Raúl fixo o saque de honra coa camiseta da Selección Española, pero fixo un guiño á súa vila, quitando a camiseta e deixando á vista outra vermella, a do Muxía CF do seu corazón.
Alegrámonos moito deste fito histórico, que xorde paralelo ao éxito da súa compañeira branquiazul, a carballesa Elena Vázquez, pois en QPC levámolo seguindo dende lonxe, e xa temos visto como xa pasaba pola Selección Galega de Fútbol Sala de base.
Será esta unha homenaxe das moitas que lle caerán, como xa lle rendemos en QPC convertíndoo en referente para a rapazada muxián no acto de entrega do álbum de cromos do ano pasado.