O Muxía, rotundo Campión da Copa da Costa
Impresionante ver o campo Irmandiño cheo ata a bandeira, con dúas mareas vermella e azul, apoiando aos equipos das súas vilas. Mentres o equipo da provincia se xogaba o ascenso á 1ª División, a xente da comarca demostraba a paixón que se sinte polo Fútbol da Costa.
Máis de 2.000 persoas (e outras 1.5000 a través do noso Youtube) encheron o Irmandiño para ver a gran final da Copa da Costa 2026. Todo nunha xornada na que pola mañá, a Real Federación Galega de Fútbol, en colaboración con QPC, organizaba unhas interesantísimas xornadas de reciclaxe, con máis de 100 adestradores aprendendo con Jacobo Ceibe, Miguel Filgueira, Julián Calero e Quique Setién. Ao mediodía, a sesión vermú do Orballo Cultural permitiu que a mocidade se divertise co 9Louro, Tapa de Orella e Kike Varela, tres das bandas que máis petan entre a rapazada do país.
No deportivo o Muxía partía como favorito ante un Malpica que deu a sorpresa colándose ata esta finalísima tras dúas quendas de penaltis. Gozou o Malpica este picor da Copa da Costa, pero esta Copa tiña o nome dun grupo de amigos que leva moitos anos facendo as cousas ben, e viña e perder a final do ano pasado en Cee ante o Dumbría nos penaltis. “Gañar ben, que cos amigos é espectacular”, pensa hoxe a familia Corviña tralo 2-0 que lle meteu ao SCD Malpica.
En directo, en QPC
Alí estivo QPC para emitilo en directo, con Óscar Leis aos mandos da narración e Alberto Pose e Bruno Méndez aos comentarios. Aquí tendes a retransmisión:
Muxía - Malpica (2-0)
- Muxía: Iván Bouzón, Iago Muíño, Carlos Costa, Antón Pose (Michael, m.70), Mateo, Brais Mouzo (Víctor Alcaina, m.58), Adrián Alcaina, Mauro (Isma Pose, m.80), Róber (Manu, m.58) Manu Nogueira e Fran Moreira (Julián, m.80). Tamén: Joel, Anxo, Michael, Víctor Alcaina Isma, Manu Martínez.
- Malpica: Suso, Carrumba (Chicha, m.33), Damián, Garci, Cristian, Aday, Fran, Fabián, Raúl, Isaac (Villar, m.75) e Saydou (Brais, m.46). Tamén: Saúl, Anxo, Chicha, Pepucho, Villar, Brais, Reixía.
- Goles: 1-0, m.9: Rober a centro de Fran Moreira; 2.0, m.13: Mauro Romaní de cabeza a centro de Manu Nogueira.
Comezaba o partido con moito respecto, cun par de chegadas do Malpica, un córner e un tímido centro de Fran que remataba frouxo Saydou. Pero de contado, dúas internadas por banda esquerda, Fran Moreira alcanzaba liña de fondo e metia dous centros marabillosos para que primeiro Róber, e apenas 3 minutos despois, Mauro Romaní, marcasen 2 tantos consecutivos para meter nunha importante vantaxe aos de Sergio Pataca.
Había un fermosa loita no medio campo entre Garci e Aday para os malpicáns e Carlos Costa e Brais para os muxiáns, que se apoiaban nun Carlos Costa que non perdía ocasión para traspasar liñas. Intentouno pouco antes da necesaria pausa de hidratación Aday, cunha incursión que tapou moi ben Mateo no borde da área. No outro lado do campo, tiña que aparecer un par de veces o gran Suso, no día do seu 49 cumpleanos, para desbaratar un par de chegadas de Róber.
Movía ficha Iván Baña á media hora e quitaba a Carrumba que estaba sufrindo coas incursións de Fran Moreira e colocou a Chicha, que habitualmente xoga máis arriba, a corrixir ese oco. Soltábase algo Aday e conectaba co Saydou para avisar a un Iván Bouzón que aparecía dentro de fóra destilando máxima seguridade. Ao fío descanso, Saydou mandaba un balón ao longueiro que puido ter metido ao cadro malpicán de cheo no partido.
Pero non estaba todo decidido. Non pasaba medio minuto, e mentres Bill marcaba o segundo en Valladolid, Aday tiña a mellor ocasión do que ía de partido, e tras un pase de Garci, dende dentro da área chutaba raso pero volvía aparecer Iván Bouzón cun paradón abaixo.
Pasaban os minutos e nada áis volver da pausa de hidratación, Víctoir Alcaina metía en profuncidade para que Fran Moreira chegase ata liña de fondo sen conseguir conectar con Manu Nogueira gracias, en boa medida pola acción defensiva de Raúl. Respondía na outra área Garci, o mellor do bando malpicán sobre o campo, cun tiro franco para Iván Bouzón dende o borde da área.De contado, Aday lanzaba unha falta algo frouxa dende a frontal. O partido rompíase e á contra chegaba Carlos Costa que se prantaba diante de Suso, pero Garci molestou suficiente e Suso parou co pé.
Non pasaban dous minutos e volvía romper liñas Carlos Costa para rematar un novo centro de Fran Moreira para volver obrigar a aparecer a Suso. Combinaban os Manus e o Malpica non podía con eles.
Pasaron os minutos cun par de lesións polo medio para que colexiado pitase o final desta finalísima do mellor fútbol do mundo!