COSAL achega a realidade palestina a Vimianzo e Muxía


Continúa o colectivo COSAL Costa da Morte achegando a realidade de territorios complicados á bisbarra. E o fai a base de charlas, pero charlas de primeira man, charlas como as que Santiago Jiménez ofreceu sobre o Sáhara Occidental, ou como as que os mesmos membros do Colectivo desenvolveron a finais do ano pasado en Corcubión e Carnota.
Esta fin de semana, a realidade do que acontece a día de hoxe en territorio Palestino chega á comarca de Soneira. Vimianzo (o venres 23) e Muxía (o sábado 24 no Bar O Xardín con posterior concerto de Mon Búa) acollerán sendas charlas, nas que Chicha Martínez e Ubaldo Cerqueiro explicarán "o significado da ocupación sionista de Palestina", baseado na súa propia experiencia o pasado verán.
Chicha Martínez explica a charla: Baixo o título "Palestina 2011: vivindo a ocupación" queremos continuar a facer unha das cousas que aló nos pediron con ansia, con desesperación: "por favor, contade o que vedes, contade como vivimos". Por iso, este venres en Vimianzo e sábado en Carnota, contaremos. Por unha razón: como quedou ben claro este verán, os gobernos europeos e mais os organismos internacionais obedecen as ordes sionistas, polo que somos case unicamente as sociedades civís as que nos enfrontamos á ocupación exercida por Israel. E porque dende que voltamos, as demolicións de casas e a colonización de vivendas e terreos trala expulsión forzosa dos seus lexítimos habitantes non fan máis que aumentar.
Así as datas e lugares son os seguintes:
- Venres, 23 de marzo, 20.30 na Casa da Cultura, en Vimianzo.
- Sábado, 24 de marzo , 20.45 no Bar O Xardín, en Muxía.
Novas relacionadas
- Da importancia de escoitar a historia en primeira persoa: Unha viaxe ao Sáhara Occidental con Santiago Jiménez.
- Mohamed Safa: “O pobo árabe ten fame, pero de dignidade”.
- A Costa sinte a ocupación israelí.
- Unha expedición da Costa toma nota do conflito en Palestina.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa de COSAL Costa da Morte.