xoves. 17.07.2025
El tiempo

A cultura ferve en Muxía e Merexo

Panillada Eva Castineira Camping Lago Mar
A cultura ferve en Muxía e Merexo

Polo de atracción cultural está sendo Muxía nos últimos meses gracias ao impulso do activo Camping Lago Mar, e á posta en marcha do proxecto Muxía Cultural. Así se vai comprobar nesta recta final do mes de xullo, cando tanto a vila da Barca como o lugar de Merexo se convirtan en fervedeiros. Se por Muxía as Festas do Carme volven con 5 días de programa espetacular, por Merexo, á porgramación da fin de semana vaise unir unha singular Panillada en homenaxe á pandereiteira Eva Castiñeira.

Finde no Camping Lago Mar

Concerto de Lluvia no Camping Lago Mar
Concerto de Lluvia no Camping Lago Mar

Comezou xa o campin onte a finde co íntimo concerto de Lluvia. Pero a cousa non para, porque estes xoves, venres e sábado haberá 6 sesions de blues cos Turnes& His Lago Delta Blues Boys. Javi Turnes volve pola comarca.
A finde péchase en clave de jam session galaica, unha foliada das de toda a vida.

Pero a gran cita do Camping será o 25 de xullo. O día da patria será o día escollido para facer unha Panillada de homenaxe a Eva Castiñeira, a cantereira e pandereiteira muxiá recoñecida este ano polo Día das Letras Galega, no ano do centenario do seu nacemento, e que contará unha marea de voces singulares. A cita comeza ás 18:30h.

Finde no camping

Festas do Carme de Muxía

Muxía recupera este ano a Festa do Carmen, que se celebrará cunha completa programación cultural entre o mércores 23 de xullo e o domingo 27 de xullo. Haberá concertos, charlas, xogos, proxeccións e tamén se recuperará a tradicional procesión marítima coa participación dos mariñeiros da vila.

Dende o mércores 23 de xullo e ata o domingo 27 de xullo Muxía celebrará o Carmen cunha programación que inclúe un coloquio cos mariñeiros da vila, unha exposición con imaxes do fotógrafo local Xesús Búa, o tradicional Xogo da Cucaña, concertos, e tamén a misa e procesión marítima.

Programación

A programación comezará o mércores 23 de xullo coa charla “Memorias mariñeiras: a Muxía de onte”. Nela participarán mariñeiros e mariñeiras de Muxía que falarán de como foi este traballo tan importante para a vila. Será ás 20:00 horas na Lonxa de Muxía.

O xoves 24 inaugurarase a exposición “Homes e mulleres de sal e ferro” con fotografías de Xesús Búa. Ás 20:00 horas na Sala Gervasio Sar.

O sábado 26 será o día forte da programación, que se alongará dende o medio día ata a noite.

  • A xornada comezará ás 12:00 horas no Malecón coa tradicional misa pola Virxe do Carmen e despois vivirase un dos momentos máis esperados da festa: a procesión marítima.
  • Despois, ás 13:30 horas, haberá sesión vermú máis concerto de Monoulious Dop, e partir das 17:00 horas comezará o Xogo da Cucaña. Estará instalada na Rambleta e estará aberta a toda persoa que queira participar e pasalo ben..
  • Á noite farase a proxección titulada “A Muxía de onte”, con fotos antigas ds vila. Unha ollada ao pasado para ver como mudou Muxía nas últimas décadas.
  • Para rematar o día haberá música e baile cos Boomers e Dj Mil. Será a partir das 22:30 horas no Malecón.

O domingo 27 despedirase a festa cunha sesión vermú con The Limboos na Praza Cabo da Vila.

Festas do Carme de Muxia 2025

Comentarios