Venres. 29.03.2024
El tiempo

As diversas actuacións do alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Obradoiro de Emprego en Camariñas 1 copia
Acondicionando a praza do Concello de Camariñas
As diversas actuacións do alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo

Continía en marcha o Obradoiro Dual de Emprego “Construíndo Futuro” que desenvolven de forma conxunta os concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo. Os 20 alumn@s están en pleno proceso de poñer en práctica a súa aprendizaxe teórica, tanto na rama de “Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes” como na de “Pavimentos e Albanelería de Urbanización”.

Rama forestal

Obradoiro de Emprego en Muxia
Acción nunha das áreas muxiás

Os da primeira orealizaron as seguintes actuacións:

  • No Concello de Muxía, fixeron labores de mantemento das actuacións que se levaran previamente a cabo en Quintáns, Viseo e Caberta.
  • En Camariñas, en colaboración co grupo de albanelería, colocaron terra vexetal e pedras brancas decorativas nos alcorques das árbores da praza da Insuela. Unha vez rematada dita actuación, realizaron a limpeza con máquina a presión de dita praza.
  • Tamén, en Camariñas tamén fixeron unha limpeza exhaustiva tanto na zona do Mirador do Barrio de Corea, coma na Praia da Area da Vila.
  • No Concello de Vimianzo fixeron labores de mantemento das actuacións feitas con anterioridade (Padreiro, Grixoa e Castrelo).

Aprendendo a usar un dron

Ademais, fixeron tamén un obradoiro “Formación nas tics: novas tecnoloxías aplicadas ao sector forestal”, de 20 horas de duración, impartido polo Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Dentro desta formación, tamén participaron nunha sesión formativa sobre o manexo de drons no ámbito forestal.
Tamén acodiron á Feira Internacional de Galicia GALIFOREST.

Rama albanelería

Pola súa parte, a outra rama vén de realizar:

  • En Camariñas veñen de rematar a actuación que estaban desenvolvendo na praza da Insuela, que tiña por obxectivo acondicionar a zona axardinada para mostrar unha continuidade de aspecto con outras zonas do pobo colocando pedra do país tipo Santiago. Para lograr isto, procedeuse a quitar o formigón armado, a terra sobrante e a pedra branca decorativa desta zona, substituíndoa por pedra do país tipo Santiago.
  • No Concello de Vimianzo remataron as actuacións na escola de Subeiro e no Pavillón de Baíñas. Na escola de Subeiro executáronse actividades técnicas como a eliminación do pladur que se atopaba en mal estado e substitución do mesmo por un novo con illamento de lana de roca, limpeza de humidades, pintado de paredes, lavado a presión de muros exteriores de pedra e posterior tratamento antihumidade no exterior. Nos catro vestiarios do pavillón de Baíñas, colocaron azulexo nas paredes exteriores das duchas, encintaron a totalidade do azulexo, tanto no exterior coma no interior das duchas para evitar filtracións e humidades, pintaron a totalidade das paredes do interior dos vestiarios e duchas con pintura plástica branca antihumidade.
  • A seguinte actuación que comezarán en breve será facer o peche perimetral con muros de ladrillo do local anexo ao ximnasio municipal de Vimianzo.
Obradoiro de Emprego nos vestiarios de Bainas
Obradoiro de Emprego

Comentarios