Ferido tras caer do peirao muxián
Un home tivo que ser trasladado en helicóptero do 061 tras caer no peirao vello do porto de Muxía, arredor das 16:00h deste luns 23 de setembro.
O propio implicado foi quen de establecer comunicación coa familia, que avisou ao 112, para activar todos os recursos necesarios para un rescate, que puido resolverse con equipos terrestres.
Malia que a caída produciuse nunha zona rochosa do espigón, no vello peirao de Muxía, os Bombeiros de Cee e os voluntarios de Protección Civil de Muxía puideron rescatar o señor sen necesidade de mobilizar a ningún outro equipo especializado.
Finalmente, foi evacuado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que se desprazou ata o lugar dos feitos para completar o operativo. Tamén contouse coa colaboración dos axentes da Garda Civil.