Finde lusófona no Camping Lago Mar con música e gastronomía
04 de outubro de 2024 (10:29 h.)
Segue o Camping Lago Mar de Merexo afianzándose como un dos epicentros culturais, e tamén gastronómicos, da comarca. E neste mes de outubo comeza forte cunha fin de semana adicada a Portugal.
Ofrecen un menú degustación coordinado por Pía Lago nas comidas e ceas; o sábado, algo máis tarde do habitual propoñen baile e o domingo concerto co vermú.