Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Camping de Merexo mantén a actividade cultural por outono

programa setembro campin lago mar
O Camping de Merexo mantén a actividade cultural por outono

Última ráfaga de verán e no camping de Merexo non deixan de artellar iniciativas cultuais. Xa asentado como foco activo, tanto entre os campistas como entre o circuito de xente inqueda da zona, os novos emprendedores muxiáns do Camping Lago Mar van seguir armando actuacións durante este final de setembro e mesmo durante o mes de outubro.

Polo de pronto, este fin de setembro ten citas as fins de semana á sesión vermú e pola tardiña, para gozar un cocktail e de boa música nun entorno inmellorable.

Así este venres 20 de setembro xa comezan a conta de blues, e continuarán con visitas de xentes potentes como a camariñá Belem Tajes, ou os Mad Martin.

Máis novas

Comentarios