mércores. 30.04.2025
El tiempo

Mar de Fábula e o Camping Lago-Mar unen forzas cunha xornada natural e cultural

Limpeza creativa Merexo
Mar de Fábula e o Camping Lago-Mar unen forzas cunha xornada natural e cultural

Már de Fábula e o Camping Lago Mar unen forzas xunto co colectivo e RetoqueRetro, este domingo 4 de agosto para realizar unha xornada chea de actividades ambientais para visibilizar e sensibilizar o problema da contaminación mariña.

O punto de encontro é ás 10.30h no camping, comezando cunha limpeza nun coído tremendamente contaminado en Merexo, moi pretiño do camping. Ás 17.00, terán lugar obradoiros artísticos, "LIXO CREATIVO", cxs artistas RetoqueRetro, Mónica Montero e Alfonso Caparrós, e a xornada rematará ás 19.30 H, celebrando a fin da xornada cun concerto da Ukestra do Medio, dentro do completo programa do camping paraa o mes de agosto.

A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse antes das 12.00 H do sábado no teléfono 660242118 ou no correo electrónico: info@mardefabula.gal.

Máis novas

Comentarios