Martes. 16.04.2024
El tiempo

Formándose para ter unha profesión vinculada á construción e ao sector forestal co Obradoiro de Emprego

Obradoiro construindo futuro
Formándose para ter unha profesión vinculada á construción e ao sector forestal co Obradoiro de Emprego

Continúa avanzando a formación do Obradoiro de Emprego “Construíndo o futuro”, compartido entre os Concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía. 20 alumn@s-traballador@s xa están cas sesións prácticas nas especialidades de ‘Conservación e mellora de montes’ e ‘Pavimentos e albanelería de urbanización’. Durante 6 meses fórmanse dun xeito práctico, e cobrando un soldo, para ter unha profesión, neste caso vinculada ao sector forestal e ao da construción.

No caso da especialidade forestal, e despois de ter realizado unha limpeza exhaustiva do Monte Covadiña de Camariñas e de facer traballos varios en Grixoa, Padreiro e Castrelo (Vimianzo), os 10 integrantes contan con seguir levando a cabo as súas tarefas en lugares coma o parque de Quintáns (Muxía) e outras localizacións dos tres concellos.

Obradoiro de Emprego en Vimianzo
Traballos de rehaibilitación na escola de Carnés

Por outra banda, o alumnado da especialidade de construción desenvolveron o coñecemento adquirido nas aulas en diversas actuacións como a demolición e reconstrución dos baños da escola de Carnés ou a rehabilitación da escola de Subeiro, ambas en Vimianzo. Neses traballos execútanse actividades técnicas como colocación de pladur con illamento de lana de roca, demolición de paredes incluíndo desescombro e limpeza, lavado a presión de muros exteriores e posterior tratamento antihumidade, enfoscado de tabiques, aplicación de pinturas antimofo, alicatado con azulexos, entre outras. Agora, en Camariñas levarase a cabo o acondicionamento da praza Insuela.

Máis novas sobre os Obradoiros de Emprego

Comentarios