Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Luís G. Soto leva o seu libro sobre O Camiño dos Faros a Muxía

PRESENTACIÓN EN MUXÍA O Camiño dos Faros libro
Luís G. Soto leva o seu libro sobre O Camiño dos Faros a Muxía

Este venres 14 de xuño, ás 20:00 h., terá lugar no Parador Costa da Morte de Lourido, Muxía a presentación da obra “O Camiño dos Faros. Diario de viaxe”, publicada por Edicións Espiral Maior e da que é autor o escritor, filósofo e catedrático coruñés Luís G. Soto.

Participarán no acto, ademais do autor, a catedrática de EF, deportista e activista cultural Mercé Barrientos Varela e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello. 

Colaboran na organización do acto, ademais do Parador de Muxía, a Asociación Cultural Xervasio Paz Lestón e a Libraría Arrroutada de Muxía.

Luís G. Soto, doutor en Filosofía pola USC e en Dereito por Universidade Autónoma de Madrid, é autor de numerosas obras publicadas de carácter filosófico e foi Decano da Facultade de Filosofía e redactor do Código Ético da USC. 
 

Comentarios