Martes. 19.03.2024
El tiempo

A mocidade muxiá mobilízase para limpar Nemiña polo Día Internacional da Limpeza de Praias

Limpeza Nemiña Praia
A mocidade muxiá mobilízase para limpar Nemiña polo Día Internacional da Limpeza de Praias

A Asociación Xuvenil Comarea e Mar de Fábula volven unir forzas para realizar unha desas actividades medioambientais que tanto simbolizan, e tanto educan. Este sábado 18 levarán unha limpeza na praia de Nemiña, co gallo do Día Internacional da Limpeza de Praias, gracias ó impulso da ONG Ocean Conservancy, que leva máis de 30 anos promovendo o International Coastal Cleanup sempre na terceira fin de semana de setembro.

Contan desta volta coa colaboración tamén do colectivo Surf Costa da Morte e o Concello de Muxía, ademais da iniciativa coruñesa We Sustainability, que tamén organizan numerosas accións medioambientais nas praias de Orzán ou Riazor.

”Todo indica que será unha acción bonita e forte xa que somos diferentes entidades implicadas e esperamos unha boa participación”, explica a incombustible Lucía Alcaina. “Tecer rede nesta loita é quizáis o máis importante e pode que neste evento se reflicta o traballo que levamos facendo nestes últimos meses e, colectivos como Mar de Fábula, incluso anos. Xuntarnos xente tan dispar para o coidado do territorio é clave para cambiar as cousas, como tamén é esencial xuntarse ás iniciativas internacionais deste tipo, para xerar un maior impacto”.

Desta volta, van realizar unha profunda análise do recollido para facer avaliación e comunicar as conclusións ás administracións.

A cita arrinca ás 12h na metade da praia de Nemiña, a carón do chiringuito de Surf Costa da Morte (leven luvas). Poden inscribirse chamando ou enviando whatsapp ó 666903627.

Comentarios