Martes. 15.10.2024
El tiempo

Muxía busca ao Premio María Amelia 2013

Muxía busca ao Premio María Amelia 2013
María Amelia foi a primeira persoa entrevistada por QPC

Xa abriu o Concello de Muxía o prazo para presentar candidaturas para o Premio María Amelia 2013. Ese galardón que pretende recoñecer a labor dos nosos maiores, recordando ao tempo aquela muller que entendeu o século XXI coma ninguén.

Sempre é para nós un orgullo recordar a esta brava muller, pois se trata da primeira persoa entrevistada polo diario, dunha cita ademais, da que gardamos un marabilloso recordo.

Así, dende xa e ata o 30 de abril do ano en curso, os veciños poden ir presentando candidaturas, isto é propostas para o premio que deberán vir avaladas por unha asociación, ou agrupación de veciños que presenten máis de 100 firmas de apoio a súa proposta.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios