Muxía celebra os Reis Magos co Roscón máis grande da Costa da Morte
10:26 03/01/26
A Sala Gervasio Sar acollerá este domingo 4 de xaneiro unha tarde festiva coa actuación de Claudia Zurita e degustación de roscón para o público asistente. O tradicional Baile de Reis comezará ás 19:00 horas, e un dos puntos fortes será a degustación do roscón de Reis máis grande da Costa da Morte.
Cabalgata
A Cabalgata do 5 de xaneiro aposta por un formato de proximidade, con paradas en escolas e centros sociais e unha gran celebración final na Sala da Camposa
Os horarios previstos ao longo da tarde son orientativos, e culminarán coa chegada dos Reis Magos a Muxía, cunha gran celebración final na Sala da Camposa, onde a partir das 18.30 horas haberá inchables, globoflexia, tatuaxes e pintacaras para desfrute dos máis pequenos e pequenas.