mércores. 30.04.2025
El tiempo

Muxía homenaxeou aos seus míticos xogadores cun emotivo partido que lembrou a Abdoulaye

Homenaxe Fútbol Muxía Veteranos
Equipo muxián cheo de míticos-Fotos- Hucho
Muxía homenaxeou aos seus míticos xogadores cun emotivo partido que lembrou a Abdoulaye

Fermosa homenaxe a vivida o pasado luns de Pascua na Arliña. O Concello muxián quixo render unha homenaxe aos seus xogadores de sempre cun partido entre os veteranos do Muxía e o Muxía B. A cita naceu co obxectivo de homenaxear aos xogadores que, ao longo das últimas décadas, contribuíron de maneira exemplar ao crecemento e consolidación do club local, e que son parte esencial da súa historia.

Foi unha xornada tremendamente fermosa e emotiva, que dá conta da potencia social dun Fútbol da Costa que, ante todo, xera marabillosas amizades. Con esta iniciativa, o Concello de Muxía reafirma o seu compromiso co deporte local, a memoria histórica e o fomento dos valores que fortalecen a identidade comunitaria, como aconteceu tamén na xornada de Malpica onde lembraron o campionato da Copa da Costa do 1985.

Homenaxe Fútbol Muxía Veteranos 3
Sandra Vilela durante o evento
Homenaxe Fútbol Muxía Veteranos capis
Os capis homenaxearon ao pequeno Abdoulaye, xogador senegalés finado sobre o céspede de Arliña en 2016

Durante o descanso do partido, que finalizou coa vitoria do filial, realizouse un minuto de silencio e unha ofrenda floral en lembranza de Abdoulaye Fall Seck, ao cumprirse nove anos do seu falecemento.
O Concello anunciou, ademais, a creación dun torneo que levará o seu nome, co fin de perpetuar a súa memoria e promover os valores de respecto e unión entre xeracións no ámbito deportivo.

Homenaxe Fútbol Muxía Veteranos equipo B
Para facer un partido autenticamente interxeracional, os Veteranos competiron contra o Muxía B

"Foi moi bonito, unha tarde de sol, de risas, de encontros con amigos, ca pelota, etc..." agradece un dos míticos, Álvaro Rodríguez.

Alvaro Rodriguez coa Muxia

Homenaxe singulares

Homenaxe Fútbol Muxía Veteranos 2

Antes do encontro, tivo lugar un acto de recoñecemento ás e aos deportistas do municipio que acadaron fitos relevantes durante o ano 2024, levando con orgullo o nome de Muxía por todo o país. As persoas homenaxeadas foron: Lucía Pazos, Oliver Mouzo, Samuel
Méndez, Eva Lema, Yaiza Sar, Noa Sambad, Lola Soneira, Claudia Otero, Raúl Lema, Manu Nogueira, Patri Romaní, Lucas Toba, Alex Sánchez, Pablo Paz, Antón Pose, Alberto Martínez e Barca Toba.
 

Máis novas

Comentarios