mércores. 30.04.2025
El tiempo

“O máis bonito no fútbol é gañar un título co equipo do teu pobo”

A xente de Malante cun dos homenaxeados
A xente de Malante cun dos homenaxeados
“O máis bonito no fútbol é gañar un título co equipo do teu pobo”

Dicía Manín na súa intervención no marco dos Premios Malante 2025 este pasado sábado no Centro Cívico de Malpica, que a final da Copa da Costa do ano 85 foi una das mellores da historia. Ollo, que o di Manín, que xogou 8 e gañou 5. Unha das mellores por goles, emoción e una bancada chea de familias animando as dous equipos.

40 anos despois, Malante conseguíu o mesmo que esa final. Un acto chea de emocións, sentimentos e familia para recordar e premiar ao equipo gañador daquela finalísima, o SCD Malpica.

Gañar liga e Copa non é facil, e máis naqueles anos 80 onde din que a competitvidade era máxina no Fútbol da Costa, por iso toca destacar o logro conseguido por este equipos. Foi o primeiro que recordou Juan de Saleiro, capitán do Malpica por aquela epoca, que 40 anos despois cambiou o céspede das Redondas polo escenario do Centro Cívico para ser a voz de todos os que formaron ese equipo.

Tamén Manuel Pardines, desde o atril, falou da emoción de gañar una Copa de Costa e de ver a felicidade de todo un pobo pola conquista de tran preciado título, cun equipo formado con xente do pobo. Outro aspecto que destacou o ex directivo malpicán, foi a falta de cartos e as dificuldades para conseguir financiamento. 40 anos despois, este problema aínda o seguen a ter as directivas na actualidade.

O que cambiou, e moito, foi a presenza da muller no fútbol. Paula Veiga e Nuria Tuset, actuais xogadoras malpicás, falaron da súas traxectorias futbolística destacando que sería moi bonito poder gañar un título no equipo da casa. A ver en que queda a cousa e se a directica do Malpica cumple o soño das xogadoras da vila.

Sentimento e de sentido de perteneza sóbralle a Silvia, secretaria da organizadora Aco. Cultural Malante, que non tiña dabondo traballo e agora esta colaborando coa directiva do club malpicán, e soña con volver a ver un Malpica campeón. Ou Susana, sobriña dun dos homenaxeados, que destacou, que son agora as súas fillas as que xogan ao fútbol no Cerqueda femenino.

Quedou claro o sabado, que o Fútbol da Costa Femenino está moi ben de saúde (como o refrenda o álbum que lanzamos esta semana a familia QPC) e que agora as mulleres teñen moitas presencias nas directivas dos clubes.

Quen se fixo notar e moito foi a familia Malante, dende os máis veteranos aos máis novos. Gustoume ver a Alberto sacar os puntos cando lle tocou bailar cos mais pequenos. Podemos estar tranquilos, a nosa cultura e tradición teñen relevo.

O sábado xuntouse un cóctel perfecto: deporte e cultura, e o resultado puido gozarse ao máximo. Non sei, se cando empezaron a organizar a gala tiñan como obxectivo facernos emociar, pero podo asegurar que emocións, sentimentos e una gala familiar, sobraron.

Gracias Malente.

  • Alberto Pose.

Comentarios