Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Muxía organiza unha xornada de apoio á creación da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero

IMG_20200127_111831
Muxía organiza unha xornada de apoio á creación da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero

O Concello de Muxía, integrado na Rede de entidades locais contra violencia de xénero, consciente da necesidade de artellar unha ferramenta  de traballo transversal e da necesidade de coordinación como un factor determinante para unha mellor eficacia na prevención e detección dos casos de violencia de xénero, está a celebrar unha xornada de apoio á creación da mesa local de coordinación. Estará impartida pola Secretaría Xeral de Igualdade no marco das actuacións dirixidas a prevención, información, formación e asistencia directa ás vítimas de violencia de xénero.

A formación ten previsto realizarse o 30 de xaneiro no salón de plenos do Concello (2º andar) de 10:00 a 12:00 horas.

Na primeira sesión, realizada o luns 27, abordouse a necesidade da constitución da mesa local de coordinación. A ela asistiron representantes dos distintos ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero: a concelleira de igualdade, Olalla Benlloch; representantes do CEIP Os Muíños, IES Ramón Caamaño, Servizos Sociais municipais, Centro de Saúde, Policía Local, Técnica de Cultura, ADL, Protección Civil e CIM.

Comentarios